Adxudícase a mellora do firme do vial entre Lixó e Os Muíños, na parroquia de Oleiros (RIBEIRA)

O Concello de Riveira informa de que esta mañá a xunta de goberno local procedeu á adxudicar a mellora do firme no vial que une os lugares de Lixó e Os Muíños, ambos enclavados na parroquia de Oleiros.

A entidade adxudicataria resultou Nemesio Ordóñez S.A., cun prezo de 39.149,83 euros, IVE incluído. O prazo de execución son 1,5 meses.

825 metros de longo

Actualmente, este tramo, de 825 metros de lonxitude e un ancho promedio de catro metros, rexistra un pavimento de aglomerado asfáltico en mal estado, con zonas de sobreanchos sen pavimentación e cunetas en ambas marxes. 

O proxecto técnico elaborado persegue renovar o firme do camiño e mellorar á súa calidade, conseguindo desta maneira facilitar a accesibilidade a todas as fincas en xeral e particularmente as explotación agrícolas e montes veciñais en man común da contorna.

Para tal fin, estenderase unha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor, ao tempo que se ampliará en 50 centímetros o ancho da plataforma de rodadura. Tamén se limparán as cunetas e acondicionarase o acceso que dá entrada ás fincas. 

Para a súa execución solicitouse unha achega á Xunta de Galicia con cargo ao plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016 cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (FEADER) ao abeiro do PDR Galicia 2014-2020.