CONTINÚAN AS OBRAS DE SANEAMENTO NA RÚA DO ENSANCHE DE CONDIDE.

Continuan estas obras de mellora da rede da saneamento nas rúas Ullán e Ensanche incluídas no Fondo de Compensación Ambiental 2016 cun custo aproximado duns 39.000 euros dos que o concello achega uns 8.000. Na rúa do Ensanche estase a construir ademais un bo tramo de beirarrúa.

A obra da Rúa Ullán que comezou o sábado pasado xa está prácticamente rematada e co firme resposto. Foi ben valorada polos veciños a rapidez dps traballos que afectaban bastante ao tránsito de vehículos e peóns.